A nai que lle rouba horas ao sono

La Voz

SANTIAGO

16 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Teresa Moure é doutora en Lingüística e imparte docencia na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Ten un intenso currículo literario, con premios que recoñecen un éxito indiscutible en Galicia pero tamén no resto de España. É nai de tres fillos e non deixou de impartir clases durante a campaña por respecto aos estudantes. «De momento estou roubándolle tempo ao sono», di con bo humor sinalando os seus ollos, pero admite que se o 20-N os veciños lle outorgan máis responsabilidades públicas estará obrigada a repensar as súa axenda persoal e profesional.