Actividades

La Voz

SANTIAGO

1. ¡Catro millóns de socios! ¿Iso cantas veces representa o número de alumnos do teu centro? ¿E en tanto por cento? ¿Que tanto por cento da poboación británica (ollo: desconta Escocia) é membro do National Trust? Tendo en conta que pagan uns 50 euros ao ano á entidade, ¿cantos euros recadan?

2. ¡Pero en Gran Bretaña non se empregan os euros! ¿Cal é a súa moeda? ¿Que outros países de Europa teñen moeda propia? ¿Cales son esas moedas?

3. O NT é o gardián dun milleiro de quilómetros de costa. ¿Iso é unha extensión semellante á de Galicia, máis, menos??

4. ¿Que che parece o que di Richard Ellis ao final nesta mesma páxina? ¿Somos xente que se une para facer cousas -pon un exemplo no que ti sexas protagonista- ou cada un tiramos polo noso lado?

5. Este é o enderezo do National Trust, unha web das máis visitadas de Gran Bretaña: www.nationaltrust.org.uk.