O programa que está a ofrecer Novacaixalicia, na quinta edición do Ciclo de Cine de Medio Ambiente, arrincou coa proxección de «Microcosmos» e «El viaje de la tortuga», e proseguirá cos seguintes filmes no Centro Social de Novacaixagalicia de Vigo.
Dende hoxe ata o vindeiro domingo, día 23, a proposta leva por título «Garbage dreams», un documental de 80 minutos sobre unha comunidade que vive do tratamento do lixo.
Entre o 26 e o 30 de outubro, a sesión de cine ofrecerá a ocasión de achegarse a Zumaia a escoitar a voz dos cantís rochosos, en «Flysh, el susurro de las rocas», un filme de 70 minutos para ler a historia de millóns de anos da Terra.
«Cambio de sentido» será a película que se proxectará entre os días 2 e 6 de novembro, filme sobre «o maior contribuínte á polución da atmosfera mundial»... ¿Saberías adiviñar a que nos referimos?
As entradas poden adquirise a través de www.servinova.es ou chamando ao número 902 434 443.