Para no perderse

La Voz

SANTIAGO

Na web voznatura@lavoz.es e na páxina en Facebook do programa pódese consultar a listaxe completa de actividades que se ofrecen na festa do sábado, onde se entregarán tamén os premios aos mellores traballos ambientais realizados este curso polos 272 centros participantes (ás 13.30 horas) en Voz Natura e se poderá ver unha exposición de todos eles. Aí vai unha escolma das actividades:

? Inchables, carreiras de orientación, pista americana, «rappel», xogos tradicionais, infantilandia, obradoidos de maquillaxe, globoflexia, tiovivo...

? Tenis, fútbol, paseos en poni, exposición e venda de produtos de ONG...

? Contacontos, monicreques, maxia e escapismo con Pedro Volta.

? Exhibicións, exposicións e actividades de Protección Civil, Cruz Roja, bombeiros forestais e Garda Civil.

? Videoxogo «Os Sostibles», exposición interactiva «Os enigmas da auga», «O rincón da auga» e obradoiro «Tiburóns en familia», dos Museos Científicos Coruñeses.

? Zonas de descanso e «picnic» e servizos médicos.