Aída Alonso Iglesias. Rapeira, estudante e locutora de radio
25 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Estiven falando coa rapeira viguesa Aída Alonso Iglesias, Aid, e pareceume interesante o que me contou sobre este tipo de música que tanta afección ten entre nós.
Aída vainos visitar no instituto proximamente nun obradoiro de hip-hop, break-dance e grafiti.
-¿Como empezaches?
-Alá polo 2003 aos 13 anos houbo un bum mediático onde coñecín a cultura do hip-hop. Gustábame escribir poesía, pintar e encantoume o que vin nesa nova cultra.
-¿Que ou quen te empuxou a compor cancións?
-Era un xeito de expresar o que me queimaba por dentro, e o segue sendo a día de hoxe. Un xeito de contar a miña vida, as miñas preocupacións, nun folio ou diante dun micro.
-¿Gáñaste a vida co rap?
-Estou estudando e, coma sempre digo, non vivo da música, pero morrería por ela.
-¿Cal é o teu soño?
-Poder chegar a compatibilizar a profesión que estudo coa música.
-Rap e hip-hop, ¿cal é a diferenza?
-O hip-hop é unha cultura que comprende varios elementos: grafiti, break-dance, dj-ing e me-ing. O rap é a parte musical do hip-hop.
-¿Que opinas dos que din que os rapeiros son agresivos?
-É a imaxe que cobre ao mundo do rap por culpa do descoñecemento social. O rap é un medio de expresión, onde cada compositor describe a súa vida. A día de hoxe o rap está desvinculado completamente dos barrios marxinais e calquera pode contar a súa vida, sexa unha vida da rúa un sexa un neno dun barrio rico.
-Unha frase motivadora.
-O cravo que sobresae sempre recibe un martelazo, así que hai que saber recibir martelazos con naturalidade.
-¿Cal foi o premio que máis che ilusionou gañar?
-O Heineken Greenspace en Valencia foi a lembranza máis clara que teño. Foron dous días incribles e nunca o esquecerei.
-¿Cal de todas as cancións túas che gusta máis?
-Ha, ha. Iso é difícil de contestar, non creo que teña criterio... Quédome con Boogie Vigo, porque nomeo a miña cidade.