«O comercio e o turismo son a base»

La Voz

SANTIAGO

Rubén Cela opinou do desemprego, e de ideoloxía.

-¿Que opina do que di Conde Roa da sala Nasa?

-É unha aberración que a cualifique de colaboradora do terrorismo, cando é sinónimo de vangarda, de teatro, e non doutras actividades. É unha dobre moral do PP: critica a colaboración do Concello con esa sala cando a Xunta cos gobernos de Fraga e Feijoo colaboraron con esa sala 15 anos consecutivamente con máis de 300.000 euros, cousa que nos parece normal.

-¿Como se pode amañar o problema do paro?

-Para nós serán prioridade as medidas que axuden a crear novos postos de traballo, coa axuda á atracción de novas empresas, favorecer a I+D+i, a internacionalización e competitividade das nosas empresas ou o remate das grandes infraestruturas, sen esquecer sectores que son base da nosa economía, como o pequeno comercio ou o turismo.

-¿En que se notaría un goberno nacionalista da cidade?

-En transparencia e honradez, no diálogo, na atención aos máis desfavorecidos, facendo unha cidade máis sustentable e con maior equilibrio territorial. Actuaría en consecuencia para gobernar o concello dunha capital dunha nación.