Xosé Luís García leva tantos anos na política municipal como tempo levan as corporacións democráticas. Sempre gobernou con maioría absoluta e cunhas siglas independentes ata que hai catro anos fichou polo PSOE.
-Na sociedade hai un debate sobre o número de mandatos que debería asumir un político. Vostede é dos mais veteranos. ¿Ten pensado a retirada?
-Hai moita xente que di que trinta anos son moitos, pero tamén quince poden ser demasiados se non se teñen ideas. Nestes anos que levamos traballando en equipo e gobernando Brión fixemos moitas cousas, e penso que todo o que levamos feito non pode caer nas máns da oposición.
-¿E cales serían esas cousas?
-Fixemos de Brión un concello moderno con iniciativas que foron novidosas. Fomos pioneiros en recoller o lixo polas aldeas, en sinalizar todas as parroquias e os lugares. Brión chegou a ser o que é porque o fixemos todos xuntos. O noso mérito é a complicidade entre os veciños e o seu goberno. Tamén podemos presumir de ter un Concello no que hai as mesmas oportunidades para un veciño de toda a vida que un recén chegado.
-Despois de trinta anos no goberno, ¿cales son os retos que aínda lle quedan?
-Sempre dixen que en Brión non había que facer ningún xardín, pero si coidar o que temos. O Plan Xeral, aparte de permitir o crecemento do municipio fixo tamén posible ter equipamentos que agora se están a ver.
-Brión é un dos concellos que máis sufriu o parón do ladrillo. ¿Como se convive con estes recortes?
-Un dos principais problemas que temos derivado da crise do sector é o paro. E o Concello ten que estar moi atento para poder axudar ás persoas que teñan necesidades mais que a poñer un punto de luz ou unha estrada.
-¿Atrévese a aventurar o resultado das eleccións?
-Non teño nin idea. O único que pido é que a xente colla o noso programa de hai catro anos e que vexa o que se leva feito: a piscina cuberta, o IES. Se pensan que non cumprimos que voten a outro, pero que participen na festa da democracia.
xosé luís garcía alcalde e candidato do psoe
Xosé Luís García tiene 57 años. Diplomado en enfermería, está casado y con cuatro hijos, entre sus aficiones destaca la horticultura y el senderismo.
Es alcalde desde 1979 por Candidatura Galega Independente. En el 2007 fichó por el PSOE y es diputado provincial.