A mostra que propón unha ollada cara á obra da artista Amelia Peláez deu pé ao deseño de visitas diferenciadas por parte do servizo educativo da Fundación Caixa Galicia, adaptadas á idade e o nivel de ensino dos escolares interesados en participar desta «viaxe».
«Outras culturas outras luces» é a proposta para infantil e primaria: nela os rapaces poderán achegarse ata o Caribe e deterse baixo o sol doutras culturas que contrastan co seu modo de vida cotiá. O contaxio da maxia visual que obra Amelia Peláez poderá evidenciarse nun taller no que os participantes farán a súa propia vidreira inspirada nos motivos da cultura cubana.
«Descubrindo outras culturas a través da arte» é a visita para ESO e bacharelato, unha invitación a somerxerse nos vimbios da arte e no exame do comportamento das vangardas, segundo a orixe e a ollada singular de cada artista. Neste caso, Peláez, que pinta unha Cuba que leva o peso da vangarda europea.
Inscricións, no número de teléfono 981 185 060.