«A crise si que está afectando ao turismo, pero o groso do noso negocio é o transporte escolar»
SANTIAGO
14 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Concesións, servizos discrecionais e transporte escolar. Sobre todo, transporte escolar. Esas son as principais vías de negocio de Autocares Mosquera, que ve, como o resto de sectores, que a contracción do gasto para o turismo afecta tamén á súa facturación. «A crise si que está afectando ao turismo, pero o groso do noso negocio é o transporte escolar», explica Kiko. Por iso, só poden combater a situación económica con «traballo e calidade» e agardar tempos mellores, que grazas a este ano santo poderían chegar xa a próxima semana, ponte de San Xosé.