31 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
O artista de circo Johann Le Guillerm, coñecido internacionalmente pola innovación dos seus espectáculos, ofrece Secret , unha parte do proxecto en proceso de creación e investigación que emprendeu hai uns anos que anova o concepto tradicional do circo. Neste circo non hai feras nin pallasos. El é o único protagonista baixo as luces da carpa do seu Cirque Ici, nun espectáculo con aparatos e artiluxios mecánicos creados por el que non deixan indiferentes aos espectadores, nos que busca crear «un caos mental» que aboca a reflexionar.
As funcións continúan os días 6 e 7 ás 21 horas, e o 9 e 10, de novo ás 19 horas.