«Tocar na Banda de Teo foi o que me animou a seguir estudando música»

C. P.

SANTIAGO

24 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O noveno concerto do Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica, celebrado onte no paraninfo da USC, volveu contar cun intérprete compostelán, Tomé Dávila Cacheda, un clarinetista de 20 anos que ofreceu un programa con obras de Mozart e Schumann, acompañado ao piano pola profesora do Conservatorio Profesional Vera Pavlova. Tomé empezou a estudar música no Conservatorio Histórico de Santiago aos 9 anos e este curso remata sexto do grao profesional e a carreira de maxisterio musical. -¿Era o seu primeiro concerto? -Fóra do Conservatorio, si. E ademais unha proba importante, porque me serve de preparación para a audición que vou ter nuns meses para acceder ao grao superior, sobre todo porque o programa non é obrigatorio. -¿Presentouse ás probas para este ciclo noutras edicións? -Non, fíxeno cando me sentín máis seguro de poder ser seleccionado. -¿Por que elixiu tocar a Mozart e Schumann? -Mozart gústame moito. E a Schumann, porque é unha obra específica para piano e clarinete moi adecuada para este concerto. -Forma parte da Banda de Teo. ¿Tocar nunha formación deste tipo axuda a medrar musicalmente? -Moito, foi o que me animou a seguir estudando música. É unha experiencia moi importante, da que aprendín a no facer da música unha actividade individual.