«'Golulá' é unha obra moi interactiva na que o público resolve o final»

M. B.

SANTIAGO

29 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A compañía galega Galitoon, que obtivo recentemente o premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León celebrada en Ciudad Rodrigo, presenta esta tarde a obra galardoada, Golulá, na Mostra de Teatro Infantil no Nadal, que se vén celebrando no Salón Teatro. Santiago Alonso, fillo de emigrantes galegos en México, onde comezou a súa carreira na televisión, é o responsable artístico desta montaxe.

-¿«Golulá» é unha proposta estritamente para nenos ou tamén poden vela os maiores?

-Non é especificamente dirixida aos nenos. Buscamos que a familia poida gozala, que de paso que levan aos rapaces a gocen eles.

-¿A aventura e as fantasías son as características destacadas desta peza?

-Andrea Bayer, que fixo o guión di que parte da estrutura dun conto clásico. A obra vive a fantasía reforzando valores positivos como a amizade, os coidados coa natureza, situacións de aventura e, por suposto, a participación do malo, que pon en perigo a todos, incluído o público. É unha obra moi interactiva. A parte final se fai involucrando ao público, resolvéndose así a historia.

-¿Galittoon é máis unha produtora que un compañía?

-Si, abarcamos teatro, televisión, e no futuro queremos abarcar tamén o cinema.

-¿Este recoñecemento que acabades de ter fóra de Galicia supoño que lles estará abrindo moitas portas?

-Si, estamos contentos. Este recoñecemento nos anima máis, e desde entón a obra se está movendo bastante no resto de España e Portugal.