A picaresca de cobrar para que funcione por encargo

La Voz

SANTIAGO

O botafumeiro funciona por conta da catedral nas arredor de vinte solemnidades que hai ao ano cando non é xacobeo, máis algunhas outras especiais como cando os soldados da Brilat viñeron á catedral antes de irse a una misión no estranxeiro. Nos anos santos funciona en cada misa do peregrino. Para movelo fan falta nove persoas, os tiraboleiros. Fóra destas cerimonias habituais, o incensario voa no corazón da catedral se un grupo de visitantes ou peregrinos o pide expresamente e paga por iso os 340 euros da tarifa. Fernández Lago lamenta algunhas queixas que lles chegaron de xente que pagou parte desa tarifa e asistiu á misa na que era gratis, ou de persoas que lles pedían rebaixa porque non funcionaba só para o seu grupo.