ACORDEONISTAS
20 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.No programa musical co que Compostela recibe hoxe o nacemento do verán, efeméride que dá pé á celebración do Día Europeo da Música, Verónica Becerra Lis e Patricia Quintela Pereiro van actuar ás cinco da tarde no Casino no apartado reservado a xóvenes intérpretes. Verónica e Patricia tocan o acordeón, son alumnas da escola Estudio e hoxe formarán un dúo pouco habitual. En nome das dúas fala Patricia, que ten só 12 anos, dous menos que Vero. -Parecíame un instrumento distinto que me ía gustar. Levo un ano tocándoo e acertei. Vero elixiuno porque lle gustaba a seu avó, e di que está encantada de terlle feito caso. -¿Practicades moitas horas? -Temos unha hora de clase á semana e na casa practicamos cada día. -¿É a primeira vez que actuades diante do público? -Non, os festivais da escola son abertos, e eu xa actuei dúas veces, no Toural e na Aula de Cultura de Caixa Galicia. Vero moitas máis veces, porque leva máis tempo estudando. -¿Que vos parece un programa musical coma o de hoxe? -Sería estupendo que se fixera máis veces, e daría a coñecer mellor instrumentos coma o acordeón. -¿Non pesa moito? -Depende. O meu pesa seis quilos e o de Verónica oito. -¿Pensas ser acordeonista? -Espero chegar a tocalo moi ben e ser profesora de acordeón.