Acto de apoio a Díaz Pardo no edificio do IGI, en San Marcos, do que querenbotalo
LA VOZ | SANTIAGO
SANTIAGO
07 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
Ás seis desta tarde celébrase un acto de apoio a Isaac Díaz Pardo, convocado por Xosé Luís Axeitos e Francisco Pillado, que lerán un manifesto en favor do intelectual, artista e promotor e fundador das industrias culturais do grupo Sargadelos do que, dende hai arredor dun ano, foi apartado por un sector de accionistas que se fixeron co control empresarial. O acto está convocado no Instituto Galego da Información, en San Marcos, o último reduto do que queren botar a Díaz Pardo con métodos como cortarlle a luz e o impago das nominas aos traballadores.