ACTOR E COMERCIANTE DE AMES
21 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.?epo Suevos é un veciño de Bertamiráns dos de pura cepa, aínda que nacese en Ferrol. Esas cousas do amor levárono a vivir á capital do concello de Ames. -A miña vocación sempre foi a de actor, pero a profesión non dá para tanto. De aí que o que nun principio comezou de apoio ao negocio do meu irmán acabouse convertendo na miña principal ocupación. -Bertamiráns é terra de xente nova. É de supoñer que estará a gusto vivindo nela. -Isto é unha pequena cidade con todos os servizos. Eu son bertaminarista de pura cepa, e Bertamiráns está cheo deles. -Teno moi claro. -Aquí temos moitas zonas verdes, e a arquitectura axuda moito. E logo temos cousas que son unha pasada. -Cónteme algunha. -Iso de deixar aos nenos nunha gardería a cambio de facer unha compra nos establecementos da ACB. -Está varrendo para a casa. -É que eu non o cambio por ningún outro sitio, e penso que coma min hai moita xente. E na asociación trabállase a reo. Agora estamos coa resaca da Expoliquidación e co cambio da directiva, pero hai moitos proxectos en marcha.