O CGAC inaugura unha exposición que mostrará ata marzo obras das súas coleccións

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

? partir de hoxe o público poderá ver a primeira das mostras organizadas baixo o título Mapas, cosmogonías e puntos de referencia . A exposición, comisariada por Christina Ferreira, recolle pezas das coleccións CGAC e ARCO, aportando novos puntos de vista á hora de estudar e analizar os fondos propios. Vito Acconci, Thomas Hirshhorn, Lara Almárcegui, Naoya Hatakeyama, Dario Villalba, Manuel Sendón e Carlos Rial son algúns dos artistas representados nesta primeira mostra, aberta ata principios de marzo. O catálogo da mostra conta coas aportacións de vintetrés autores, que expoñen a súa visión das diferentes pezas das coleccións CGAC e ARCO.