Agasallo de Normalización Lingüística para os pequenos lectores de Bertamiráns
SANTIAGO
Tódolos rapaces que se achegaron onte á biblioteca de Bertamiráns recibiron un curioso calendario-medidor para saber o nome correcto dos días e dos meses e, tamén, comprobar os centímetros que gañan co vagar dos anos. Para que crezan non só en altura, a iniciativa propón achegar o pracer da lectura aos máis novos. No acto sorteáronse tamén varios exemplares de Aquiles o puntiño , da súa ilustración, parte a idea do orixinal agasallo. Trátase da historia dun simple punto que, segundo as necesidades que vai tendo de empregar os sentidos, vanlle medrando ollos, nariz, boca e extremidades ata o punto, e valga a redundancia, de ter tódalas capacidades dun ser humano. Do pouco galego que falan os cativos da conta o concelleiro de Cultura, X. Manuel Fernández López, que afirma que «a campaña vai dirixida a aos nenos e nenas do concello para achegar o galego ao colectivo máis novo e tamén máis desgaleguizado dunha maneira útil e divertida, para que vexan o uso do galego como algo normal».