19 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
?s cinco gañadores da actividade 24 horas en galego, organizada o pasado día 30 pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, exporán esta tarde a súa experiencia e as dificultades e satisfaccións que tiveron, nun acto público programado no centro. O profesor Manuel Rodís, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística, afirma que todas as experiencias relatadas foron moi positivas. O obxectivo que se pretendía era que persoas que na súa vida diaria non usan o idioma do país, ou que eran galego-falantes habituais e mudaban para castelán en certas ocasións, reflexionasen sobre esas realidades e visen que se pode facer vida en galego con normalidade.