O director xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, Rubén Lois, defendeu o carácter universal do Camino de Santiago na súa intervención no congreso internacional sobre Turismo Relixioso que se celebra na cidade chipriota de Nicosia, xunto con expertos de Grecia e do Reino Unido. Rubén Lois falou do fenómeno xacobeo dende o punto de vista histórico, cultural, turístico e institucional e lembrou a súa orixe relixiosa. Despois de facer un percorrido pola evolución das peregrinacións a Compostela e das distintas etapas que tivo dende os seus inicios nos séculos XI e XII, a crise que viviu do XVII ao XIX e a súa puxanza actual e os recoñecementos internacionais de que ten sido obxecto, destacando a declaración de Patrimonio da Humanidade que ostenta. O responsable de Turismo da Xunta explicou a xénese da S. A. de Xestión do Xacobeo como empresa pública encargada da promoción, dinamización cultural, mantemento e dotación servizos para os peregrinos.