As aplicacións informáticas en galego, estrelas dos Encontros para a Normalización

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

26 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? décima edición dos Encontros para a Normalización Lingüística ofrece en paralelo ás sesións de debate unha mostra de produtos, ideas, actividades e iniciativas ao servizo da promoción do galego na que son estrelas as aplicacións informáticas. A mostra chámase Proxecta , e reúne en media ducia de casetas novidades como a empresa virtual Contidos Dixitais, creada hai un ano por galegos como socios da compañía belga Dokeos, que desenvolve software de código aberto e conta, con dous anos de existencia, cun millón de usuarios en todo o mundo. Contidos dixitais non ten sede. Funciona en rede e presta servizos profesionais á comunidade galegofalante e desenvolve contidos docentes. Para o resto de España atende necesidades e materiais para empresas, universidades e administracións. Tamén está nos Encontros mancomun.org, a iniciativa en galego polo software libre que desenvolve a Consellería de Innovación e Industria á traveso do Cesga. Os encontros, organizados polo Consello da Cultura e aos que asisten máis de 200 profesionais de equipos e servizos de normalización, foron inaugurados pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, que anunciou que as axudas a proxectos de normalización pasan dos 600.000 aos 800.00 euros no 2007, e medidas coma o nomeamento de catro coordinadores provinciais e o deseño de materiais.