Os contos infantís son para rapaces porque para os adultos son demasiados crueis. Os rapaces miran neles as cousas como son, pero non se fan ideas morais sobre o que procede. Para un rapaz un frautista é algo divertido, para un adulto un frautista é un musico que toca ben ou mal. Animalario vaille dar a volta a un conto que é moralista a máis non poder pero que seguramente garda relación con algúns comportamentos que teñen que ver coa vida actual. Por exemplo nunca lle pagues a ninguén antes de que acabe o seu traballo, e na construción menos. Nunca te fíes de servir a alguén antes de que garanta o seu pago. Pero en Hamelin os nenos tamén son parte activa, moeda de cambio, mercadoría que garantiza un cobro. En case todos os aspectos, o conto infantil ten esa crueldade moral que só pode obedecer a introducir nos rapaces a idea fatalista do e quizais por iso Animalario, tan dado a encontras os pregues da hipocrisía social, decide por medio de Juan Mayorga, buscar outro fin a esta historia, un final menos feliz e, quizais por iso, máis coherente coa realidade da especie, un final que permite actualizar o argumento ata levalo a ese espazo invadido polos medios de comunicación e que garda relación coa pederastia. Para un asunto tan delicado a compañía opta por espir o escenario e por colocar aos actores a soas co argumento, pero cunha figura que acouta o espazo e que, como un narrador de corpo presente, vai influíndo nos actores pero tamén na perspectiva que o público ten sobre o que sucede. Nada máis sobre o escenario porque, no fondo, cando acontecen algunhas cousas quedamos verdadeiramente sos coa circunstancia e a circunstancia é sempre a condición humana.