Os campamentos do Val de Barcala desenvolveranse en Ribadeo

La Voz E. F. | A BAÑA

SANTIAGO

17 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Os rapaces de 7 a 15 anos de idade dos concellos de Negreira e A Baña poderán participar nos campamentos de verán Val de Barcala, do 17 ó 31 de agosto, que nesta edición cambian sustancialmente por canto súmanse á oferta de albergues concertados da Xunta, logo de máis de vinte anos de historia propia por diferentes lugares como Muros, Carnota, Corcubión, Illa de Arousa, Muxía ou Portosín. Así, os campamentos celebraranse no albergue de A Devesa, no concello de Ribadeo (Lugo), e os rapaces estarán tutelados por monitores especializados da Escola Galega de Tempo Libre, e non por monitores voluntarios da comarca barcalesa.