?entres a progresía dos oitenta prepara os panos dos mocos para a chegada de Pablo Milanés nun ciclo que pretende dar unha visión das outras músicas, imos alimentándonos de algo máis enerxético, menos melancólico e, sobre todo, no que poidamos aforrar o gas do mechero para encender pitos. A fin de semana da Capitol promete algo máis que sentarse nunha butaca a escoitar. Funk para entrar en calor contra as noites de febreiro e power pop con inclinacións diversas para rematar con esta sensación de que Compostela é unha cidade para cantautores. Aínda non teño claro que o público para un e outro concerto non sexa o mesmo, pero como convén non desviarse, non estaría por demais non desperdiciar a enerxía sonora unha vez que está disposta a transformase. Digo eu que bailar debe estar ben visto mesmo entre as clases nacional populares, unha vez que a conselleira declarou que o baile é unha virtude que lle gusta practicar. A noite vai dar. Tres grupos para darlle un repaso ao funk e, de paso, facerlle unha rivesión ao corpo. A noite do sábado tira a guitarrera coa última reinvención do que foi no seu tempo a Elephant Band. Meu é o nome do grupo e What's up o título do seu primeiro disco. Un grupo para non romperse a cabeza con Franz Ferndinand e recuperar un sonido de invasión británica. Seine é a outra formación da noite capitolina. Tamén andan a presentar o seu primeiro disco, The sonic of th Youth, que recibiu a aquiescencia dos grandes e vellos gurús da música española.