SALGUEIRIÑOS
29 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.BEN ESTÁ que o Concello empece a adiantar traballo para cando o novo planeamento xeral da cidade estea aprobado. Mentres o PXOM non reciba o visto bo de cantos organismos administrativos teñan algo que dicir sobre el, nada se poderá facer no ámbito cara o que miran xa os gobernantes locais pero si se poderá ir perfilando o que se quere, que forma se lle quere dar e que nivel de equipamentos se requerirán. Neste caso non se trata de tramitar un plan especial de reforma interior senón de impulsar un novo ensanche con máis de 10.000 vivendas, con espazos naturais que hai que preservar e servizos suficientes para atender en condiciones e con calidade de vida aos seus moradores. Esta é a previsión coa que se tiña que ter atendido a demanda de solo industrial, e máis cando logo hai casos como o do polígono empresarial de Boisaca. Todo un exemplo de dilixencia.