«Pintar é a desculpa para abrir vías á comunicación»

La Voz C.P. | SANTIAGO

SANTIAGO

En dos minutos | Reina D'Oore ARTISTA QUE IMPARTE TALLERES DE PINTURA TERAPÉUTICA A experta coordina a exposición dos traballos realizados por persoas da residencia da terceira idade Porta do Camiño en clases que ela lles impartiu

21 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Granell expón dende hoxe nunha das súas salas os traballos realizados por persoas maiores que viven ou acoden a talleres de pintura terapéutica organizados pola residencia da terceira idade Porta do Camiño. Impárteos dende hai dous anos Reina D'Oore, artista nacida en Bélxica de nai galega e pai belga cunha longa experiencia de estímulo e axuda a través destas clases de pintura. Segue un método que lle aprendeu en Haití un artista chamado Tiga. -En ensinar a pintar partindo de cero. Por iso a exposición destes traballos que presentamos na Granell se titula Dende cero . Ninguén tiña pintado, agás dúas persoas. Aprenden a recoñecer as cores e algo de técnica, pero sen copiar de nada nin buscar formas recoñecibles. Antes de pintar fago co grupo uns exercicios de meditación guiados, sobre todo cando entre eles hai alguén retraído ou con algún conflito, para darlles confianza. -O resultado semella unha pintura automática. -Si, pero chegan a iso mediante certas pautas, porque a pintura terapéutica consiste en limpar o que está aculto no subconscente. -¿Que beneficios ten para as persoas maiores? -Desbloquea resistencias de forma sutil. Ao primeiro non lles gusta o que fan, porque non é figurativo. Pero séntense ben e agardan con ilusión o día que hai taller, que é a desculpa, unha excusa para abrir vías á comunicación. Funciona como unha terapia de grupo, pero a traveso das cores, que son para os sentimentos coma o aire para o corpo. -¿Como naceu o taller? -Propúxenllo á dirección da residencia e puxémolos en marcha coas traballadoras sociais para ver como ían. Empezaron cinco e xa son doce participantes.