Percorrido dende Picasso, Dalí e Miró a Barceló

La Voz

SANTIAGO

No percorrido que fai esta exposición pola historia do gravado en España no século pasado figuran grandes creadores plásticos que destacaron e seguen a destacar en diferentes disciplinas da arte, ademais de como gravadores. Na mostra non só se poderán admirar obras gráficas de Picasso, Miró e Dalí. Tamén estarán expostos gravados de artistas galegos como Maruja Mallo e Luís Seoane, e de relevantes creadores como Chillida, Tápies, Lucio Muñoz, Manuel Millares, Fernando Zobel, Antonio Saura, Rafael Canogar, Luis Gordillo, Jorge Castillo, Juan Genovés, Eduardo Arroyo, Henández Pijoan, Navarro Baldeweg, do Equipo Crónica e de Miquel Barceló, entre outros. Caixanova seleccionou para esta montaxe expositiva obras da súa colección como as pertencentes ás series de gravados La Celestina e La Danza que realizou Picasso nos anos corenta; e os que fixo Salvador Dalí a finais dos anos 50 para ilustrar edicións especiais de obras literarias como El Quijote e La Divina Comedia .