O concurso de curtametraxes Curtocircuito 2005 achégase á data límite de admisión
SANTIAGO
? segundo Festival de Curtametraxes, Curtocircuito 2005, arrinca este ano como referente internacional. Este novo estatus permitiu que os participantes procedesen de partes tan diversas do mundo como A India, Perú, Arxentina, Alemaña, Inglaterra, Italia e España. As curtametraxes deben tratalos xéneros de animación, ficción ou videocreación. Dentro das bases do concurso cómpre sinalar unha serie de puntos clave como son o feito de que tódolos autores, individuais ou colectivos, que se presenten a concurso non poden ter dirixido máis de cinco curtas ou largometraxes, independentemente da súa residencia ou nacionalidade; as produccións que concorran deben ter sido estreadas posteriormente ó 15 de Xullo de 2004; a duración máxima será de 30 minutos e por último, admítense todo tipo de formatos e idiomas, acompañadas dos subtitulos correspondentes. O prazo de admisión do Curtocircuitio 2005, que terá lugar en Santiago do 18 ó 22 de outubro, permanecerá aberto ata o 15 de agosto. Paralelamente ao festival, levaráse a cabo o Proxecto AVID. Non te curtes que supón unha invitación a todos aqueles interesados en facer grabacións coa sua propia cámara. Poñeranse a súa disposición equipos de edición AVID e un titor para supervisar o proceso. Dende o 21 de xullo vense realizando a proposta Curtocircuito na rúa, que consiste na proxección periódica de varias retrospectivas de curtos ao aire libre nas principais prazas do Casco Histórico. Esta semana levarase a cabo en Bonaval unha sección de panorama internacional.