Padrón voltou ao século XII

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

SANTIAGO

ANXO ABALO

En directo | O Santiaguiño inclúe a primera feira medieval A festa transformou a capital do Sar nun lugar que sorprende a veciños e foráneos polo seu colorido e que hoxe, véspera do día grande, agarda a miles de persoas

23 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Padrón, convertido nunha nobre vila da época medieval, sorprende estos días a propios e estranos. Padroneses, conveciños e turistas maravilláronse onte, e terán a oportunidade de facelo hoxe ata as once da noite, coa riqueza, variedade e colorido que implica adecenta-las rúas máis tradicionais con adornos, animación e postos de artesanos e mercaderes propios do século XII. Éstes últimos son a esencia da feira, coa venda de productos artesanos, dende pezas de coiro e guarnicionería; cerámica e telas; plantas medicinais e todo tipo de postres e pans, dende galletas de nata e almedra a 0,90 céntimos, totalmente artesanas, ata empanadas, bizcochos ou tartas larpeiras. A praza de Macías é un bó exemplo da venda de todos estos ricos manxares. Mesmo algún que outro establecemento da vila decidiu trasladar o seu punto de venda á rúa, mentres que os bares ambientaron as súa terrazas ao estilo das tabernas medievais, con alpacas de palla convertidas en sillas e sacos cubrindo as mesas, a modo de mantel. Tamén algúns padroneses se animaron vestir roupas típicas do medievo. Máis dun comentaba polo baixo que «esta vez haberá que felicitar ao Concello pola iniciativa». Toda a riqueza, variedade e colorido de onte irá a máis hoxe co mercado ambulante de cada domingo de modo que, previsiblemente, Padrón reciba ao longo da xornada a miles de persoas.