A institución rosaliana lembra en Padrón o pasamento da escritora

La Voz U. L. | PADRÓN

SANTIAGO

14 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Como cada 15 de xullo, a Fundación Rosalía de Castro de Padrón conmemora hoxe o pasamento da escritora cun acto íntimo pero aberto que se celebra na Casa-Museo de A Matanza. Entre os fieis rosalianos non estará, por primeira vez en moitos anos, o doctor Sixto Seco, finado en decembro e encargado de presidir a Fundación durante máis de tres décadas Os actos comezarán ás sete da tarde na Horta da Paz coas verbas do membro máis antigo, Avelino Abuín de Tembra. A continuación terá lugar a presentación dun novo número, o sexto, da colección 24 de febreiro centrado en Rosalía de Castro nas páxinas dos escritores republicanos na Guerra Civil, homenaxe a Juan González del Valle, presentación que correrá a cargo de Alonso Montero. Tamén intervirá o escritor de Dodro Anxo Angueira e está previsto facer entrega do primeiro Premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas. Asimesmo, os fondos da Fundación veranse incrementados coa entrega da obra Baleas e ausencias, de Rodrigo Romaní, un dos fundadores de Milladoiro.