A Festa Rachada de A Baña completa o programa lúdico da fin de semana no Val de Barcala
SANTIAGO
? música tradicional e unha exaltación cabalar, completan un fin de semana cargado de actividades no Val de Barcala. Paralelamente ás festas de San Cristobo que comenzaban onte cunha espectácular sesión de noite, e que continúan hoxe e mañán, a comarca barcalesa acolle tamén mañán sábado a cuarta edición da Festa Rachada de A Baña. Festa Rachada é a nova denominación que a asociación cultural O Tilleiro de A Baña deu ao seu festival de música tradicional. Terá lugar durante toda a xornada do sábado na área recreativa de Cháns, na entrada desde Negreira á capital municipal. Unha feria de artesanía tradicional é unha das principais novidades que se abrirá a partir das 11 horas na que haberá artesáns de instrumentos, alfareiros, cesteiros, sombrereiros, artesanía en coiro, prata ou vidro, ademáis dunha exposición de instrumentos antigos. Desde o mediodía, sucederánse na paraxe natural de Cháns as actuacións de Viravolta Títeres de Lalín, co seu espectáculo de cabezudos e cantares de cego, xunto a Os Pequenos da Baña. Un xantar campestre dará paso ás actuacións do serán coa presencia de A Requinta da Laxeira, de San Miguel de Sarandón; Brincadeira de Santiago; Os Campantes da Baña; Os Carunchos, de Vigo; Linho do cuco, da Estrada, e mais Estalotes de Compostela. Un obradoiro de instrumentos da natureza, outro de baile tradicional para todas as idades, e os xogos populares como carreiras de saco, tiro da corda ou a estornela, completarán o programa desta cuarta edición da Festa Rachada, onde a troula continuará ben entrada a noite cun peculiar sorteo dun mantón de manila, e o conxuro da queimada. Actividades gratuítas Cabe destacar que todas as actividades do programa de actos son de balde, e contan coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, Concello de A Baña, Radio Negreira e maila asociación cultural Eiroa da Baña.