Castilla y León
La participación en las elecciones a las 14 horas sube dos puntos hasta el 36,9 %

«Armando Blanco non é unha excepción dentro do PP»

La Voz E. A. R. | SANTIAGO

SANTIAGO

Entrevista | Ánxela Bugallo A número dous do Bloque por A Coruña renunciou onte á acta de concelleira para participar na campaña autonómica

31 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Ánxela Bugallo, candidata número dous do BNG na provincia, despediuse onte da corporación de Teo nun pleno cargado de debate e co aplauso dos compañeiros, afíns e inimigos políticos. A concelleira, que sempre se caracterizou pola crítica contundente da política urbanística de Armando Blanco sen apenas elevar a voz, dixo ata logo agradecéndolle con ironía ao goberno local o moito que tivo aprendido polo seu xeito de facer e exercer a política. En troques, ela propón «a revolución da lei». -En Teo foi a primeira vez que me quedou claro que aínda había unha rexeneración democrática pendente. Que as leis e os dereitos sexan iguais para todos e algo que se necesita moito neste país. -¿Armando Blanco é un político especial dentro do PP, ou non tanto? -O goberno de Armando Blanco é unha maneira de facer política moito máis xeneralizada do que a xente pode pensar. Non é ningunha excepción dentro do Partido Popular. -A campaña xa está en marcha. ¿Como ve Galicia despois do día 19? -Estes días móvome moito polo país e a xente ten a sensación de que a posible transformación xa chegou. E facer un cambio pensado dende Galicia e pola xente de Galicia para o seu desenvolvemento é algo que me esperanza moitísimo. Creo moito neste país.