O profesor e político Xosé Manuel Beiras Torrado recibirá mañá na Casa-Museo de Rosalía o premio Pedrón de Ouro 2005, unha distinción creada en 1965 polo galeguista padronés Octavio Sanmartín para a destacar a defensa la lingua, letras, cultura e patrimonio galego. Nesa primeira edición o galardonado foi o poeta e sacerdote de Isorna-Rianxo Faustino Rei Romero polo seu libro Poema das materias sagras. O galardón a Beiras débese «ao seu compromiso e aportación ao nacionalismo galego, primeiro no Partido Socialista Galego (PSG) e logo no Bloque Nacionalista Galego (BNG), co que participa no Parlamento galego desde 1985». O Pedrón de Honra recibirao Fernando Pérez Barreiro, residente en Londres e traballador da BBC e da ONU e autor de varios libros.