Crónica | Festa dos Maiores O Concello reuniu en Amio a 2.500 persoas no celebración de confraternidade que dende hai sete anos xunta o sábado da Ascensión aos xubilados da contorna
07 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Eran arredor de 2.500, pero a imaxe que ofrecían nas ringleiras de mesas nas que se acomodaban no amplísisimo recinto de Amio impresionaba. Semellaban un exército armado de madurez e experiencia, de arrugas, canas e unha gran dignidade. Eran os maiores de toda a contorna do concello, o sector máis popular e aguerrido do censo que cumpriu os 65 anos, xubilados animados a pasar un día de festa. Este ano, o séptimo no que se celebra a Festa dos Maiores de Santiago que organiza o Concello, sumáronse 800 máis que o pasado ano, que se mudou ao domingo porque as señoras non querían perderse a transmisión pola tele da boda de Felipe e Letizia. Claro que onte, co bo día que fixo, non era cousa de quedar na casa. ¡Total, por 4 euros que costa comprometerse! O menú non estivo mal, a base de empanada, pulpo á feira e carne ao caldeiro, regado con viños, auga e refrescos de laranxa e limón. Non faltou tarta de Santiago nos doces variados do postre, e café cunhas pingas para os afeitos a ponerlle sentimento. As cinco da tarde a cousa animouse coa orquestra Super Combo, que para moitos foi o peor da festa: «non tocan nada, foi mellor a do ano pasado». Pero na pista había o ritmo e o salero se xente que que aprendeu a bailar nas verbenas. E de paso, saudaron, e ate lle reivindicaron cousas, ao alcalde ou a algún dos quince concelleiros socialistas, populares e nacionalistas que presidiron o xantar. O servizo especial de autobuses que funcionou entre a praza Roxa e Amio volveu recollelos a partir das seis, e a efsta que empezou con cabezudos rematou cun cansanzo dos que non doen e se curan.