«Víctor Hugo entendía que o poder sempre corrompe á xente»

La Voz C. F. | SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Entrevista | Pedro Rubín

15 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?íctor Hugo é un autor de nome grande pero salvo as excepcións destindas aos grandísimos formatos para grandes públicos, non é o máis representado dos escritores franceses no noso país. Galileo presenta hoxe O divertimento do rei , unha trama histórica sobre o poder do poder. -O argumento da obra ten que ver coa idea do autor de que o poder sempre corrompe. Por máis que as persoas poidan ser boas, cuando poden exercer o seu poder sobre outras, sempre acaban corrompéndose. Por eso entendemos que a obra é actual. Porque Víctor Hugo escribe sobre un rei, Francisco I, que exerce o seu poder e que non chega a saber se o aman ou o temen. Agora tamén hai quen exerce unha primacía no mundo e o resto lle rinde pleitesía. Por outra parte, a obra tamén sirve para observar como aquelas persoas que teñen un defecto físico van ser xulgadas, de entrada, por ese defecto. No caso da obra é un bufón que ten a cara desfigurada. A el xúlgano por esto aínda antes de saber como é. E eso continúa a pasar agora. É un drama que ten a mesma actualidade entón que agora. Pasan as mesmas cousas e as persoas con defectos físicos seguen a ser xulgadas, mesmo intuitivamente, polos seus defectos. -Traballades habitualmente con textos clásicos, pero nunca facedes actualizacións. -Porque en realidade o espectador non precisa de que cambiemos o contexto para enteder a obra. Nesta peza poderiamos cambiar ao rei, poñerlle outro nome, pero calquera espectador sabe establecer perfectamente ese paralelismo. Por outro lado preferimos tentar situarnos na época na que o autor situou a acción porque creo que axuda a entender algunhas das intencións dos personaxes. -Víñades facendo comedias clásicas. ¿O cambio de rexistro supón unha dificultade? -En realidade non. Entre outras cousas porque desde hai seis ou sete montaxes traballamos nun equipo bastante estable o que significa que hai moita complicidade entre nós e esto facilita moito o traballo. Polo demais, a obra mantén algunhas das liñas en canto a ambientación e maneiras das últimas producións. Pero non é para rir.