O destino de Bando

XOSÉ VALIÑA

SANTIAGO

A XESTA | O |

01 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

BANDO É un inmenso e apetecible espacio onde ate hai pouco se disparaban tiros e agora está a tiro dos composteláns. Todos esperamos que Madrid dea, por fin, o prácet a un razoable convenio e se poida deseñar unha axeitada política para encher o millón de metros cadrados que libera o Ministerio de Defensa. A moitos lles ven á cabeza, destino tentador, asentar ahí un enorme polígono de milleiros de pisos protexidos. Vamos, a solución ó problema da vivenda. Abonda con seguir ó pé da letra a normativa estatal e autonómica, e adiante. E estaríamos cometendo un grave erro. Alonxar oito kilómetros da civilización un enxamio de fogares públicos quebra os basamentos do urbanismo máis sensato, dun urbanismo que debe ter corazón ademáis de cabeza. Sería un gueto, unha urbanización con bichos humanos e escolas de Castalia. Hai pezas fronteirizas axeitadas e capaces de integrar esa gran cidade que se agocha nos lindes do PXOM. Hai que estarricar Santiago ordenadamente, e non de forma abrupta e marxinal. Creo que a solución idónea para Bando está pechada tamén na trama do Plan. Un campo de golf é un luxo, pero Santiago non pode permitirse o luxo de estar sen el.