«Pensamos que o teatro pode transformar a sociedade»

La Voz M. G. | SANTIAGO

SANTIAGO

En dos minutos | Antonio Travieso ACTOR O intérprete dirixe á compañía compostelana Repámpanos Teatro nunha adaptación contemporánea de «Hamlet» a estrear próximamente

08 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?este outubro do ano pasado a compañía Repámpanos traballa no Centro Sociocultural de Fontiñas nunha versión contemporánea da obra de Shakespeare, ao frente de cuia dirección está Antonio Travieso. -¿En que momento se atopa esta versión de «Hamlet»? -En realidade é un proxecto de creación común no que todos aportamos o noso esforzo para que saia adiante. Eu son responsable artístico, pero hai todo un equipo de actores e técnicos que estamos finalizando a producción e esperamos en breve poder estrear. -Repámpanos é unha compañía afeccionada en vías de profesionalización ¿É difícil cando os profesionais se queixan de que hai moitas compañías? -De momento traballamos como asociación cultural, e estamos madurando o paso para constituirnos en empresa. Pero para nós o importante é traballar nun proxecto común, porque cremos na dinámica de grupo. Así a xente vai disolvendo as súas vanidades, traballando no beneficio común. É un pouco laborioso porque supoño que moitos grupos que empezan disolveríanse por este tipo de historias. É sano ante todo. -¿A revisión dos clásicos é unha prioridade? -Hai unha prioridade en facer unha revisión da dramaturxia clásica, pero quitándolle o sentido arqueolóxico aos textos. Os mitos non están escindidos da sociedade actual sendo necesario facer a aportación ideolóxica que lles dá aquela. Nós pensamos que o teatro ten moitísimo contido educacional para a sociedade. O teatro pode transformar a sociedade. Eu si teño fe no teatro, precisamente polo seu contido educacional que ten.