O FIADEIRO | O |
08 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NO PASADO Nadal volvín lamentar a falta dunha selección galega de fútbol. Coma tantos outros, que a reivindican en camisetas, foros públicos e privados. É cousa efémera e testemuñal, pero toda a prensa lle dedicou novas nuns días destas festas ás seleccións autonómicas. No remate de decembro xogaron a selección valenciana-Bulgaria, Euskadi-Honduras, Navarra-Marrocos, Cataluña-Arxentina, Andalucía-Malta. Xa sabemos que hai 17 comunidades autónomas en España, pero é que Galicia defínese como nacionalidade histórica, nación, comunidade nacional... chámeselle como se queira a este país. E o noso resultado no fútbol autonómico non pode ser cero ou NS/NC, cando contamos con equipos de Primeira, Segunda, Terceira división, ligas varias, xogadores e afeccionados en todas as parroquias patrias. Para que haxa unha selección galega falta gasolina -recursos económicos-, segundo cadraron declaracións do adestrador Irureta e do presidente Fraga ( Deporte campeón , 29-XII-2004). Pero debe faltar algo máis. E inda que estou bastante fóra do cosmos futboleiro, entendo que esa nada pode ser unha groba complicada adrede; outro síntoma da febleza na vertebración nacional de Galicia.