Programación

| MARÍA OTERO |

SANTIAGO

A FASE forte da obra de Mestre Mateo coincidirá coa de San Lourenzo, unha alternativa importante para o primeiro tramo da saída de Noia, pero tamén, aínda que xa máis lonxana no mapa local, coa das Rodas. Coa praza Roxa a piques de abrir, os composteláns teremos que afacernos noutros puntos a novos cortes e rutas. Pero non só os conductores, tamén os peóns. Estano vendo xa os viandantes do entorno da praza Roxa, para quen as molestias non rematarán aínda, pois logo de Reis virá a nova fase de remodelación das rúas, que afectarán tanto a viandantes como a automobilistas. Pese a que os santiagueses veñen demostrando nos últimos anos sobrada paciencia, tanto para agardar por promesas incumpridas como para resistir a estas alteracións do tráfico, cunha boa programación e dilixencia das administracións tanta concentración de maquinaria nas vías podería evitarse e ordenarse.