Tabaquismo

CONCHA PINO

SANTIAGO

PUNTA DO MOGARÓN | O |

12 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

VIVIMOS nunha sociedade alterada, saturada de problemas, crispada e cabreada. E aos que controlan a batuta do poder político non se lle ocorre mellor cousa que sacar unha lei antitabaco. Vaites, e por iso a Igrexa non vai protestar nin pedir a sinatura aos parroquianos, que pasan pola sacristía como quen vai fichar. Eu son fumadora. E protesto por quereren levar tan lonxe a prohibición de fumar. E rexeito que o fagan con argumentos falaces e hipócritas, dicindo que o tabaco mata a máis xente que a sida, o alcohol e os accidentes de tráfico xuntos. Non podo crelo, aínda que sei que a min, morra do que morra, poñeranme na lista das persoas condenadas polo tabaco por figurar que son fumadora na miña historia, como que parín tres fillos. Non me parece mal que restrinxan as zonas nas que se pode fumar, ¡e ben que me amola cando traballo!, pero van demasido lonxe nunha persecución e culpabilización que non exercen noutros ámbitos a nivel de saúde, como acabar coas listas de espera ou poñer firmes aos laboratorios para racionalizar o gasto farmacéutico. Nin coas agresións ao medio ambiente. Non se desestructura unha familia nin se provoca accidentes de tráfico por fumar. O alcohol si, por exemplo.