Cineuropa | «O quinto império»
09 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?uizais non poidamos acusar a un director de cine de comportarse como un pintor. Tampouco parece necesario dicir que é un director teatral máis preocupado pola composición que polos movimentos. O espectador de O quinto império terá máis dunha vez esa sensación: atoparse diante de cadros dunha pintura barroca, de composición estudada e de significados icónicos que teñen pouco que ver coas resolucións habituais do cinema. O espectador tamén poderá sentir por debaixo da perspectiva pictórica do cine de Oliveira, a organización teatral da historia e das escenas. Hai máis: hai unha relación entre personaxes, unha visibilidade frontal que exhiben e que sitúa aos actores como ao borde do palco escénico. Tamén poderíamos dicir, para non quedarse con nada, que é teatro barroco, entregado ao recitado, á pronuncia académica e en non distraer ao espectador con discursos excéntricos. Outro asunto no que Manoel de Oliveira tampouco se comporta como un director ao uso é na utilización do tempo. O tempo pasa, pero o director deixa que pase, utilízao como unha substancia precipitante para que a historia vaia segregándose, vaia ocupando por decantación o espacio imaxinario do espectador. Outra cousa é que o espectador queira ter paciencia para tal operación. En máis dun sentido, O quinto império é unha película de museo: poden os espectadores deterse con tranquilidade en cada un dos detalles e poden tamén percatarse de que cando o director quere contar unha historia, intenta contala mesmo desde a linguaxe e a retórica dese tempo: un tempo lento, ceremonioso, unha época ritual e obsesiva coas maneiras. Director e guionista: Manoel de Oliveira. Xénero: Drama. Duración. 127 minutos. Nacionalidade: Portugal. Data: 2004.