Asturias

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

20 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI MÁIS de 200 anos Jovellanos, prestixioso xurista, poeta e humanista, exilado na Vila de Muros, pide nun manifesto os seus paisanos que nunca renuncien a súa identidade e non se olviden de honrar e premiar a todos aqueles que acadaron méritos en distintos campos da investigación, da ciencia, das artes e das letras. Os asturianos cumplidores e fieles naquel mandato constitúen da man da Casa Real a Fundación Premios Príncipe de Asturias que vén funcionando dende o ano 1980, acadando, en pouco tempo, un gran prestixio internacional. Mañá, o arcebispo recollerá en Oviedo, en presencia do alcalde, o Premio Príncipe de Asturias á Concordia que se lle otorga ao Camiño de Santiago. Na concesión de tan alta distinción tivo moito que ver o presidente do Principado, Vicente Álvarez Areces, persoa entrañable e moi querida por moitos de nós, que estivo estreitamente vinculado a Santiago, na loita pola causa da libertade e da democracia, o que lle ocasionou naqueles anos persecución, tortura e cadea. O teu padrino político co que segues a manter fortes lazos de amistade quere recoñecer, nesta Tribuna, a túa valía como político e como persoa, e por suposto, darche as gracias de xeito moi sincero, por termos sempre tan presentes.