TRIBUNA | O |
28 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NO obradoiro-museo de Eduardo Parrado, no barrio de Santa María, coñecín a Francisco Asorey González en 1960. Gratificante para min foi tocar aquela man de santo que tantas pedras, a golpe de cincel, labrara. Finou en 1961 e o Concello de Cambados, donde nacera, xunto coa Deputación de Pontevedra, tomaron acordo de facerlle unha homenaxe, co encargo ó escultor Antonio Failde dunha reproducción da Naiciña. No acto de homenaxe as autoridades franquistas ensalzaron as cualidades do artista; o gobernador, pasándose da raia, dou a entender que era un home do réxime. Isto era incerto, D. Francisco fora, sobre todo, un artista, sen ambicións persoais, humanista e pensando no benestar do tódolos galegos. Pola nosa banda improvisamos un acto homenaxe, nunha taberna céntrica de Cambados, intervindo Máximo Castiñeiras (o poeta da mahía), e tamén Diego Bernal, que estaba subido nun pipote cando chega a Garda Civil que o facía por orde do gobernador. Diego, hábilmente, troca o discurso: «... Aquí los tenemos..., gracias a la benemérita gozamos de paz, libertad y seguridad que nos da el Caudillo Franco...». Aplausos... «¿Dónde están los rojos?», pregunta o cabo... En ningures. Este feito salvounos de ir «ó trullo» e cumprimos unha obriga cívica cidadá de homenaxe a unha das grandes figuras de Galicia... Luis Cochón, Mauro, Farruco... voltamos a Compostela cantando a rianxeira.