Capitalidade

| MARÍA OTERO |

SANTIAGO

NO ROIBÉN

10 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SANTIAGO achégase a un novo 25 de xullo, o terceiro que festexará como capital oficial de Galicia, e moitos composteláns se estarán preguntando aínda que supón iso. De momento, nada mudou. A loita do Concello por facer valer esa condición cando menos para a súa equiparación coas capitais provinciais a efectos de prestación de servicios dependentes da Administración estatal ou ante calquera ley que tome ás capitais provinciais como elemento básico de organización resultou ata agora practicamente infructuosa. E dous anos lles levou á Xunta e ao Concello pechar o primeiro capítulo da financiación capitalina (aínda sen aprobar oficialmente), e para iso sen acordo pleno por parte da Administración municipal. Canto requerirá a do 2005?. Quizais se resolva no 2007? Dende logo que o camiño faise ao andar pero, para os cidadáns, o ritmo debería ser outro.