TRIBUNA | O |
21 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.RECENTEMENTE o sesenta aniversario do desembarco de Normandía polos soldados aliados na contienda da II Guerra Mundial. Como afeccionado á Historia non podo compartir a opinión de que a batalla de Normandía cambiou o curso da II Guerra Mundial. Na miña modesta opinión, o comezo da derrota do nazismo está na batalla de Stalingrado. O Alto Estado Maior alemán dende o comezo da guerra viña preparando a operación Barbarroja, que supoñía unha cruzada para vencer o comunismo soviético. Emprégase a forza de élite do exército xermano atacando con 120 divisións, 26 na reserva, grandes continxentes de outros países, lexionarios e, como non, a División Azul do Xeneral Franco. Ós catro meses o Führer lanza unha proclama: «O enimigo oriental foi abatido e non levantará máis cabeza». Non se contaba co heroísmo, a resistencia e o sacrificio do pobo ruso. Merecen igualmente especial mención aqueles soldados republicanos que combatiron na nosa guerra civil. Algúns deles caeron na defensa de Stalingrado. Tal foi o caso do fillo de Pasionaria , José Ruiz Ibarruri, declarado héroe nacional. A experiencia vivida en España tamén lles serviu ós xenerales soviéticos Zukov e Rodimtscu (Pablito)... Os maquis tamén xogaron un papel importante na derrota do fascismo alemán entrando victoriosos en París acompañando a Leclerc.