Organizan un curso de linguaxe administrativa para os traballadores do Concello de Melide

La Voz N.R.N. | MELIDE

SANTIAGO

14 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Melide, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, está a organizar un curso de galego especializado en linguaxe administrativa dirixido aos traballadores da Administración municipal. Para poder participar nesta iniciativa, que se desenrolará ó longo de 75 horas entre os vindeiros 1 de setembro e 8 de outubro, é preciso posuir o título acreditativo de ter participado nun curso de perfeccionamento do idioma galego ou, no seu defecto, o certificado de validación académica. O técnico de Normalización Lingüística do Concello melidense, Xoaquín Vázquez Rodríguez, impartirá o curso, que está homologado pola Consellería de Educación.