As citas que convocan a celebrar o Día das Letras anticipadamente ao día 17 multiplícanse na cidade. A Agrupación Cultural O Galo organiza un concerto na praza do Torual a partir das 21 horas de hoxe, no que participarán o grupo de rock Rever, a formación de música tradicional A Requinta de Xián e o cantautor Pepe Constela. A intención deste acto é reivindicar o uso do galego en tódolos ámbitos da sociedade, así como promocionar a música en galego. O Galo critica o baixo orzamento que destina a Xunta á promoción da música propia fronte ós grupos foráneos. Área Central súmase tamén hoxe ás iniciativas cunha festa para ós máis pequenos, con obradoiros de lectura e dramatizacións. A Escola Municipal de Música escenificará Xogos e Danzas ás 11.30 no Toural, e nese mesmo espazo, ás 12.30, as agrupacións musicais da escola e a Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo ofrecerán cadanseu concerto, con obras clásicas, tradicionais e mesmo modernas.