O futuro non é fácil de prever, pero Santiago Agra di que quere dedicarse á literatura e ser escritor, «ou polo menos vouno intentar, porque é o que me gusta». Le moito e ten como escritor de referencia á novelista Lindsey Davis. Este galardón animouno moito, e contesta que pensa presentarse a outros certames non escolares: «Se me da tempo, voume presentar ao premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia e tamén ao de Relatos de Verán». Santiago non dubida ao decir que o seu son as letras, e que a carreira que quere estudiar é Xornalismo. E nese oficio anda entrenando, porque forma parte do equipo de redacción da revista do seu colexio, «para a escribo artigos de opinión sobre a actualidade en xeral». Desde logo, ideas e propostas de futuro non lle faltan, porque polo que lle gusta podería dedicarse a moitas cousas: «por querer, quero ser escritor, xornalista, arqueólogo e historiador, pero xa se verá».