Sol Picó presenta no Auditorio «La dona manca o Barbi-Superstar»

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

A compañía de danza contemporánea de Sol Picó ofrece esta noite no Auditorio de Galicia o espectáculo La dona manca o Barbi-Superstar , estrenado en maio do pasado ano no Teatro Nacional de Cataluña, do que é a compañía residente dende hai dúas temporadas. O universo da muller a os tópicos do seu papel na sociedade actual é o tema desta proposta escénica, unha montaxe que vai máis aló do xénero dancístico nunha mestizaxe de estilos do amplo abano das artes escénicas, en liña coas produccións da bailarina e coreógrafa Sol Picó, que sempre deixa patente a súa formación clásica para incorporar ás súas coregrafías o flamenco, o jazz e a danza contemporánea. Neste caso recorre a distintas disciplinas para afondar nas contradiccións do ser humano fronte a modelos e estereotipos sociais. O escenógrafo, Kike Blanco, presentou o espectáculo en compañía do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, suliñando a complexidade escénica, pero non conceptual, dunha producción que racha con formalismos conceptuais «en un intento de trasladar a la escena la vida real, el día a día, con todo el peso del entorno en el que se desarrolla». Daí que tampouco sexa casual que o espectáculo esteña interpretado por mulleres, incluso a música. Sol Picó reuniu a seis bailarinas, dúas músicas e unha cantante intencionadamente, co propósito de que, dentro do seu esquema coreográfico, cada unha deixara patente a súa personalidade e estilo á hora de interpretar a obra. Néstor Rego dixo que, malia non vir a Compostela con ese propósito, é un espectáculo adecuado nos días previos ao 8 de marzo, día da muller traballadora. En calquera caso, animou aos composteláns a asistir á función desta noite. A mestizaxe e a rúptura cos formalismos conceptuais fan desta obra unha proposta innovadora e de moi boa acollida polo público catalán e das cidades europeas polas que estivo de xira. La dona manca o Barbi-Superstar representa ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia. As entradas, a 12 euros, están á venda de 12.00 a 14.00 horas e dende ás 17.00 ata o inicio do espectáculo, ás 21.00 horas.