«O fado é un canto da alma» alma»

La Voz C. P. | SANTIAGO

SANTIAGO

El cronómetro | Carlos do Carmo FADISTA PORTUGUÉS QUE OPFRECE UN CONCERTO NO AUDITORIO O cantante asegura que a recuperación deste xénero xenuinamente luso está garantida porque están xurdindo moitos intérpretes xoves e cun público xove

13 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Para cantar fados non abonda ter unha voz como a de Carlos do Carmo, o fadista portugués que esta noite ofrece un concerto no Auditorio. O fado, un canto xenuino e creativo «é un canto da alma, e o que importa é a autenticidade para interpretalo», como dí o cantante luso que entre os seus moitos premios e galardóns ten acadado o José Afonso 2003. -Non sempre o é. É cantado e tocado por moitos profesionais, e cada un ten o seu estilo. Pero é posible que abunde un estilo fatalista, si. Non é o meu caso, porque sempre tentei que os meu fados fosen todo o contrario de doentes, desgarrados e fatalistas, porque para min é un canto que ten tódalas compoñentes da vida, e a vida ten de todo, do bo e do malo. -Daquela, depende de como é quen os canta, e vostede parece moi vitalista -Eu encaro a vida con normalidade, e o fado é a vida. A estas alturas, con 64 anos, o que son é un home realista. Gosto moito do ser humano, porque con tódalas súas contradiccións, é o ser máis extraordinario da creación. -¿Cre que existe relación entre o fado e o tango? -Claro, e co flamenco. Son xéneros que expresan a forza dos sentimentos. A diferencia é que ao fado fáltalle a expresión do baile, aínda que foi danzado moito tempo. -¿Por que non se baila? -Pola censura que impuxo a dictadura de Salazar, que prohibía danzar na rúa. E a tradición foise perdendo, infelizmente. Gostaríame moito que se recuperara e que se montaran coreografías con sensibilidade. Eu aposto pola recuperación e pola innovación do fado. -Se cadra é posible, porque o fado está vivindo un gran momento e con proxección fóra de Portugal, ¿non cre? -Certamente está nun momento de recuperación moi bo. Ó longo da historia do fado, que non vai máis aló dos 150 anos como un xénero musical de moita divulgación, ten tido ciclos e momentos bos e moi malos. E agora saiu dun momento baixo e vive un ciclo bo, sobre todo porque hai fadistas e intérpretes xoves e que teñen moita aceptación entre o público tamén xove, e iso é o que garante a continuidade desta música. Auditorio de Galicia.